| DON PEDRO REY VERA, ELIXIDO NOVO PRESIDENTE DE CECAP GALICIA |
| |
|
O pasado día 12 de xuño celebrouse na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a ASEMBLEA XERAL ELECTORAL de CECAP Galicia, na que os socios elixiron ao Comité Executivo que rexirá a asociación durante os próximos 3 anos.
Antes de proceder ás votacións, D. Serafín Pita Freire, o Presidente de CECAP Galicia dende o ano 2004, despediuse dos asociados presentes e agradeceu ao Comité Executivo o seu labor durante os últimos seis anos.
Posteriormente, o candidato a Presidente, D. Pedro Rey Vera, recordou aos últimos presidentes da entidade polo seu bo labor e presentou aos asistentes as principais liñas de traballo de cara aos próximos anos, continuando coas tarefas que veñen desenvolvendo na Federación e introducindo novidades na súa estrutura co fin de mellorar a comunicación e a imaxe da mesma tanto a nivel interno, cos asociados, como a nivel externo.
Tras o proceso electoral, o novo Comité Electo de CECAP Galicia, composto por 5 membros, quedou constituído do seguinte modo:
PRESIDENTE: D. Pedro Rey Vera
VICEPRESIDENTE 1º: D. Eligio Pérez Pereiro
VICEPRESIDENTE 2º: D.Genaro López Reyes
SECRETARIO XERAL: D. José Antonio González Diéguez
TESOUREIRA: Dª. Laura Laguna Molina
D. Pedro Rey, agradeceu aos socios presentes a confianza depositada no equipo que forma o novo Comité Executivo da Federación e manifestou o seu desexo de empezar a traballar con ilusión e esforzo, prestando especial atención á situación actual de crise.
|
|
|
|
 |
| |
|
|