CECAP GALICIA INVITA A XANTAR AOS SEUS ASOCIADOS
Por CECAP Galicia

 
CECAP GALICIA INVITA A XANTAR AOS SEUS ASOCIADOS
   
Descargar Nova
O sábado 12 de Xuño celébrase a Asamblea Electoral, que dará paso a un novo Comité Executivo. Aproveitando dito acto CECAP Galicia convida aos seus asociados ao xantar que se celebrará no Restaurante "Ruta Jacobea" (Lavacolla 41, Santiago de Compostela), no que teremos a oportunidade tanto de despedir ao comité sainte, representado na persoa de D. Serafín Pita Freire, así como de recibir ao novo comité.

CECAP Galicia pretende que este acto teña unha doble finalidade. A primeira como reencontro de amigos, e despois como unha xornada informal de traballo, no que podemos intercambiar pareceres sobre a situación do sector, como influye a crisis nas nosas empresas, que saidas buscamos como empresa individual ou como empresa asociada, e outras que seguro están no noso diario,e debemos aproveitar para compartilas.