XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO - 5 E 6 DE FEBREIRO DE 2010
Por CECAP Galicia

 
XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO - 5 E 6 DE FEBREIRO DE 2010
   
Descargar Nova
CECAP Galicia organizará, en colaboración con CECAP Ourense, unhas XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO os días 5 e 6 de Febreiro do 2010, no Centro Cultural de Caixanova Ourense.

Esperando poder contar coa súa presenza nas xornadas mostrámolles o avance de programa:


Venres 5 de Febreiro 2010


18.00 h.- Acreditacións e entrega do material


18.30 h.- Conferencia. E despois da universidade ¿que?. O plan Bolonia e o mercado Laboral.

Os universitarios e o mundo laboral. Perspectiva ante o reto do plan Bolonia e mailas empresas. Puntos fortes e débiles que o novo modelo universitario ten con respecto á integración dos titulados universitarios no mundo laboral

Relatores

Francisco Martín Giraldo. Director da revista “Línea” e xerente da Unidade de Avaliación de Mercados.

Carmen García Barquero. Vicerreitora da Universidade de Vigo

Manuel Sánchez Romero. Representante da Confederación Empresarial de Ourense.


20.00 h.- Inauguración das xornadas

Benvida e inauguración das xornadas por parte de Excmo. Sr. Alcalde do Concello de Ourense


20.30 h.- Conferencia. Os empresarios e os traballadores ante a Formación de Demanda

A formación ao longo de toda a vida coma alicerces, nos que as empresas deben apoiar os seus principios para ser máis competitivas o día de mañá. Formación á carta como valor engadido, onde tanto os recentes licenciados, coma os traballadores en activo poden atopar unha solución as súas carencias ante as necesidades das empresas e do sector productivo.

Relatores.

Cecilio Jiménez. Coordinador de Seguimento do SPEE na FTT

Rocío Blanco Gil. Directora Xerente da Confederación Española de Empresas de Formación CECAP


Sábado 6 de febreiro 2010


10.00 h.-Conferencia. O futuro da formación dos traballadores en Galicia

Retos ante as necesidades do mercado laboral. Visión dos axentes sociais ante os diferentes modelos de formación para o emprego, aspectos de mellora cara o futuro.

Relatores.

J. Domingo Barros Montans. Secretario de Formación e Emprego de UGT Galicia.

Xavier Montero Dongil. Secretario de Formación de CCOO de Galicia

Antón Casal Díaz. Director Xerente de Formación da CIG

Marta Amate López. Representante da Confederación de Empresarios de Galicia, CEG


11.30 h.- Descanso. Coffe break


12.00 h.- Conferencia.O mercado laboral e os Certificados de Profesionalidade

As empresas e os traballadores ante os Certificados de Profesionalidade, a súa adaptación ao sistema productivo. As Cualificacions profesionais, recoñecemento, avaliacións e acreditacións das competencias profesionais. Pasarelas entre os tres subsistemas. O papel das empresas de formación.

Relatores.

Almudena Mazuelas. Xefa do servizo de Centros Nacionais coas CCAA do SPEE

Marisa Mallo Fernández. Subdirectora do Instituto Galego das Cualificacións

Xaime López Cossio. Experto en formación e Exdirector Xeral de Formación da Consellería de Traballo de Xunta de Galicia.


14.00 h.- Clausura das xornadas

Clausura das xornadas por parte de Dna Ana María Díaz López, Directora Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo



Despois de cada conferencia haberá unha quenda de preguntas

As xornadas terán un crédito de libre configuración da universidade de Vigo