XA SE PRESENTOU O DOSSIER CORPORATIVO DE CECAP GALICIA
Por CECAP Galicia

 
XA SE PRESENTOU O DOSSIER CORPORATIVO DE CECAP GALICIA
   
Descargar Nova
Xa se presentou o dossier corporativo de CECAP GALICIA, onde se trata de recoller os aspectos máis relevantes do que é o traballo desta Federación durante os últimos anos.
En todo momento estivo presente o obxectivo principal polo que foi creada CECAP GALICIA de servizo aos asociados, atendendo ás necesidades e ilusións, achandando o camiño para acadar mellor o obxectivo común de achegar a formación alí onde se necesita nas mellores condicións de calidade, contribuíndo ao mellor desenvolvemento desta sociedade galega na que temos e desempeñamos un papel protagonista.

Faise tamén mención especial á FUNDACIÓN MESTRE MATEO, promovida por CECAP GALICIA e creada para favorecer a execución de prestación de servizos sociais, de asesoramento, formación, actividades ocupacionais, fomento do emprego, mellora do benestar etc. E que tan satisfactoriamente ven realizando.

CECAP GALICIA, fixo chegar un exemplar do dossier a cada un dos asociados da Federación.